viernes, 27 de enero de 2012

Curiosidades


Como curiosidade deixamosvos dous videos da obra: Toccata e Fuga de Bach, un tocado por un órgano e outro por un harmonio.

Harmonio

Harmonio (armonio en castelán)


O harmonio ou harmonium é un instrumento de vento con teclado, en aparencia similar ao piano de manubrio alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño; é un instrumento musical típico da música devocional empregada en Asia. Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, ao igual que o piano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templos relixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.
Orixinalmente o harmonio desenvolveuse en Alemaña, xustamente a principios do século XIV. 



Conta cun teclado, que controla mediante válvulas o paso do aire por unhas lingüetas metálicas que producen o son. A entrada de aire prodúcese por medio de foles, accionados mediante pedais polo mesmo intérprete. Para conseguir un son uniforme o aire dos foles pasa a un fol intermedio denominado "segredo" ou "reservado" que mantén unha presión constante.
Conta tamén cun sistema de rexistros accionados mediante tiradores, que permiten o paso de aire a uns ou outros xogos de lingüetas. Con este sistema conséguense producir sons diferentes en timbre, altura ou matiz; ademais de poder dividir o teclado en dúas seccións.







Deixamosvos un videos de como soa o Harmonio:



Enlaces interesantes

Acá vos deixamos unha serie de enlaces a páxinas e blogs que nos pareceron interesantes para traballar a música, coñecer os instrumentos e recursos para os mestres:


Mapa conceptual sobre a clasificación dos aerófonos, conta con imaxes e sons: 

Se queredes coñecer o funcionamento do órgano deixámosvos estes enlaces: http://enciclopedia.us.es/index.php/%C3%93rgano_(instrumento)
http://www.youtube.com/watch?v=tx9QpyUNDMA

Organo, gaita e armónica: 
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~41009019/musica/aerofonos3.htm

Nesta páxina encontraredes unha importante recopilación de blogs educativos de música, ordeados por Comunidades Autónomas:







Órgano

Órgano

Instrumento musical que se acha conformado por tubos de difentes lonxitudes, dos cales resulta un son como consecuencia do paso do aire. Tradicionalmente, o órgano dispón dun teclado e de foles que son os que impulsan o aire.
O órgano está clasificado como un instrumento de vento e presenta diferentes sons polo cal o timbre estará vinculado ao mecanismo de produción do son que ostente o instrumento. Execútase a través de teclados e de pedais, é dicir, a súa execución demanda o uso das mans e dos pés.

Lausanne (Suíza)


Lausanne (Suíza)





































As partes principais das cales consta o instrumento:
       Caixa: Estrutura que sostén o instrumento con fins funcionais e estéticos.
       Consola: Estrutura que contén todos os mandos que utiliza o organista para tocar, e as súas partes son:
       Manual(es): Teclado(s) que se tocan coas mans.
       Pedalero: Teclado que se toca cos pés.
       Rexistros: Botóns ou pancas que seleccionan o tipo de son ou timbre desexado
       Canalización: Conxunto de tubos ou frautas de diferentes lonxitudes e materiais encargadas de producir o son.
       Segredo: Caixa provista dun sistema de válvulas e canles de aire na cal se apoian os tubos do órgano.
       Mecanismo: Sistema que vincula os movementos dos teclados e outros mandos da consola cara ao segredo.
       Foles: Aparato que prové de aire ao órgano para o seu funcionamento, estes poden ser accionados manualmente ou con motor eléctrico.



Deixámosvos uns videos do órgano da Catedral de Santiago de Compostela:






Armónicas de teclado. Melódica

Melódica
melódica é un instrumento de vento de lengüetas libres, similar ao acordeón ou a armónica. Este instrumento presenta un teclado na parte superior que produce son so ao soplar a través dunha boquilla ubicada nun extremo do instrumento. Ao presionar unha tecla ábrese un burato, permitindo que o aire fluia a través dunha cana


Usualmente o seu teclado é de dúas ou tres octavas. As melódicas son portátiles. Foron moi populares na educación de música, sobre todo en Asia.












Acá vos deixamos un video sobre como soa unha melódica... a ver se adiviñades de qué é?







Aerófonos

AERÓFONOS.

 Os aerófonos, ou instrumentos de vento, son aqueles instrumentos musicais que producen o son mediante a vibración do aire contido dentro do tubo, sen a necesidade de intervención das cordas ou de membranas.
 Os instrumentos de vento poden constar dun ou varios tubos. Dentro do tubo é onde se formará a columna de aire, que o músico hará vibrar soplando a través dunha boquilla ou lengüeta que se atopa na extremidade do mencionado tubo. Aínda que hai excepcións, tales como o acordeón e o armonio, nos cales a respiración do intérprete é reemplazada polos distintos tipos de fuelles.
 Nos aerófonos, o tono ou altura da nota estará determinada pola lonxitude do tubo que será a que determine a lonxitude da columna de aire vibrante.
 A clasificación formal máis extendida é a de Curt Sachs e Erich von Hornbostel, de 1914. Os instrumentos de vento están denominados como "aerófonos" e subdivídense nos seguintes grupos:

TIPO
DEFINICIóN
Forma / Modo de Execución
EXEMPLOS
AERóFONOS
O son prodúcese ao vibrar UNHA COLUMNA DE AIRE.
Boquilla ou embocadura
Tuba, Trompa, Trompeta, Trombón, Helicón, Bombardino, Corneta, Serpentón, Sousafón
Bisel
Flauta traveseira, piccolo
Lengüeta simple
Clarinete, Saxofón
Lengüeta dobre
Oboe, Corno inglés, Fagot, Contrafagot, Tenora
Lengüeta libre
Armónica, acordeón
Mixta
Órgano de Iglesia, gaita galega





Máis ampliamente falaremos sobre a ármónica de teclado, o órgano e o armonio.

ÁRMONICA DE TECLADO, tamén chamada MELÓDICA

melódica é un intrumento de vento de lengüetas libres, similar ao acordeón e a armónica.
ÓRGANO

Un órgano é un instrumento musical de teclado. Os sons xéranse facendo pasar o aire polos tubos de diferentes lonxitudes (dende poucos milímetros ata varios metros). 



ARMONIO

Instrumento musical de teclado parecido ao órgano, pero máis pequeno e sen tubos, que sona insuflando aire mediante un fuelle accionado por uns pedais.