viernes, 27 de enero de 2012

Harmonio

Harmonio (armonio en castelán)


O harmonio ou harmonium é un instrumento de vento con teclado, en aparencia similar ao piano de manubrio alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño; é un instrumento musical típico da música devocional empregada en Asia. Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, ao igual que o piano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templos relixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.
Orixinalmente o harmonio desenvolveuse en Alemaña, xustamente a principios do século XIV. 



Conta cun teclado, que controla mediante válvulas o paso do aire por unhas lingüetas metálicas que producen o son. A entrada de aire prodúcese por medio de foles, accionados mediante pedais polo mesmo intérprete. Para conseguir un son uniforme o aire dos foles pasa a un fol intermedio denominado "segredo" ou "reservado" que mantén unha presión constante.
Conta tamén cun sistema de rexistros accionados mediante tiradores, que permiten o paso de aire a uns ou outros xogos de lingüetas. Con este sistema conséguense producir sons diferentes en timbre, altura ou matiz; ademais de poder dividir o teclado en dúas seccións.







Deixamosvos un videos de como soa o Harmonio:



No hay comentarios:

Publicar un comentario